“Quero contribuír coa miña experiencia e o meu esforzo a axudar a defender un proxecto de avance e de cambio”, afirma José Luis Raposo
O alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo Magdalena, remitiu unha carta aos militantes do Partido Socialista en Lugo na que se postula para ir nas listas da formación ao Senado por esta provincia.
Na misiva, José Luís Raposo lembra que é rexedor deste municipio lucense desde 1986 e defínese como “defensor da política” de Pedro Sánchez desde “o primeiro momento”.
“Quero contribuír coa miña experiencia e o meu esforzo a axudar a defender un proxecto de avance e de cambio, que sexa visible desde todos os ámbitos e sectores”, sinala na súa carta na que pide a confianza da militancia para desenvolver este novo proxecto.
Deste xeito, José Luís Raposo sumase ao senador Ricardo Varela e ao xornalista Fidel Fernán, que esta semana tamén enviaron senllas cartas aos militantes do Partido Socialista nas que se ofrecen para formar parte das listas que a formación presentará pola provincia de Lugo para a Cámara baixa nas próximas eleccións xerais do 28 de abril.